08/01/2013
Padre Casares comeza unha nova temporada
Noivos e noivas é o título do episodio co que Padre Casares abriu onte a súa 12 temporada consecutiva na Televisión de Galicia. En total, son quince episodios dunha das series de maior éxito da cadea pública e que elabora Voz Audiovisual. A serie continúa co progarmada
Louredo responde,no que os habitantes de Louredo atenden, en primeira persoa, ás preguntas dos espectadores da serie. Non será a única cara galega da pequena pantalla, porque esta noite Telecinco estrea
Familia, unha comedia sobre os dramas, medos e alegrías que viven os membros dunha saga. Mabel Rivera interpreta a Maria Helena, unha exmodelo e exactriz, que exerce de matriarca. .
Amplía a nova>>
08/01/2013
De animación e de acción
Os actores Elena Anaya e Antonio de la Torre foron os responsables da lectura de finalistas dos Premios Goya, a gran cita do ano. Entre o listado de finalistas hai tres producións galegas como son
O apóstolo,
Invasor e
Todo é silencio que suman un total de sete candidaturas. Os gañadores saberanse o vindeiro 17 de febreiro nunha gala na que parten como favoritas que as grandes favoritas son
Blancanieves (con 18 candidaturas),
Grupo 7 (16),
Lo imposible (14) e
El artista y la modelo(13)..
Amplía a nova>>
02/01/2013
Crear en 2012 (e II)
Non paran de dicilo críticos, expertos e os libros de historia: os períodos de crise son tamén momentos de gran creatividade. O ano 2012 foi, sen dúbida, un ano crítico no que a financiamento se refire. Houbo un claro retroceso de apoio público que se evidenciou nunha baixada de orzamentos en case todos os grandes festivais, actividades, liñas de axuda. Traduciuse na desaparición de compañías, festivais e un panorama desolador para o sector cultural. Pero tamén houbo, en paralelo, un rexurdir de xéneros novos formatos e propostas, unipersoais, de orzamento cero, con grande imaxinación que sinalaron cara un novo camiño. Repasamos as tendencias do 2012 en canto a arte, artes escénicas e audiovisual..
Amplía a nova>>
02/01/2013
Os Cineclubes intensifican a súa actividade
Os cineclubes galegos proxectaron un total de 338 películas de 40 países diferentes entre outubro de 2011 e outubro de 2012, 15 filmes do que no período anterior. Estas actividades chegaron a un total de 25.020 espectadores, destacando o traballo do Cineclube Padre Feijóo de Ourense, que contou con 8.222 asistentes repartidos nas súas 37 proxeccións. Como novidades deste ano, a Federación Galega de Cineclubes destaca o afianzamento da achega que realiza AGADIC a estas entidades, de 24.000 euros ao ano, malia a salientar un descenso no apoio municipal. Ademais, saúda que finalmente neste período se comezou a distribuír polos cineclubes galegos a programación que desenvolve o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). .
Amplía a nova>>
19/12/2012
Ferrol celebra a súa XII Mostra de Curtametraxes
Como unha cita xa consolidada do panorama audiovisual, o Ateneo de Ferrol presenta a XII Mostra de Curtametraxes. O evento, que se desenvolven hoxe e mais o vindeiro día 21 comprende no seu programa vinte e catro producións en galego, castelán, catalán e inglés, na súa maior parte de cineastas noveis..
Amplía a nova>>
18/12/2012
Acto de Primavera escolle Arraianos como película do ano
Arraianos, de Eloy Enciso, foi o mellor filme galego de 2012. Cando menos, así se desprende das votacións que 21 críticos e xornalistas realizaron para o I Premio Acto de Primavera. O galardón foi promovido por Xurxo González, Martin Pawley e José Manuel Sande a través do blog Acto de Primavera coa intención de "salientar o bo momento creativo do cinema galego e, ao mesmo tempo, converterse en punto de encontro da crítica e a información cinematográfica do país". O certame contou coas votacións de críticos como Miguel Anxo Fernández, Montse Dopico, Eloy Domínguez, Eduardo Galán, José Luis Losa ou Iago Martínez, ademais dos emitidos polos propios organizadores..
Amplía a nova>>
18/12/2012
O Ateneo de Ourense recoñece a Reixa e o Festival de Cans
O I Premio Internacional Ateneo de Ourense ao Fomento da Cultura foi para Antón Reixa, e mais para o Festival de Cans. A histórica entidade cultural instituiu este galardón para "distinguir personalidades destacadas no ámbito da creación cultural cuxo traballo fortaleza a expresión creativa e a liberdade de pensamento". No caso de Reixa, o xurado recoñeceu o seu compromiso co país, a súa traxectoria profesional e o seu carácter de librepensador. Pola súa banda, o festival do Porriño viu recoñecido o seus labor de promoción do audiovisual galego. .
Amplía a nova>>
17/12/2012
A TVG estrea o martes un filme sobre a figura de Concepción Arenal
Está considerada unha das primeiras feministas do Estado polos seus estudos sobre a incorporación da muller ao mundo laboral e a denucia da marxinación das mulleres en todas as facetas. Agora, a historia e vida de Concepción Arenal chega á TVG en forma de película baixo o título
Concepción Arenal, a visitadora de cárceres. Esta semana tamén se estrea outro traballo, trátase do documental “Con etiqueta”, que se achega a un grupo de persoas vencelladas a doenzas mentais para descubrir o proceso vital de xente que comparte esa etiqueta. Este filme estrearase na Egap (venres 21, 20:00 horas)..
Amplía a nova>>
14/12/2012
Curtocircuíto abre o prazo de recepción da décima edición
Ata o de 10 de febreiro de 2013 esta aberto o prazo para participar na vindeira edición de Curtocircuíto. O Festival de curtametraxes que promove o concello de Santiago cumprirá dez anos do 23 ao 28 de abril, como un referente neste xénero curto. As categorías a competición son Internacional, Compostelae (nacional), By Galicia e Escolas Galegas. Nas bases figura que os traballos presentados deberán ter sido realizados despois do 1 de xullo 2011. .
Amplía a nova>>
13/12/2012
Mabel Rivera e José Ángel Egido protagonizan novas series para televisión
Televisión Española e Telecinco estrean estes días dúas novas series que contarán coa presenza de actores galegos. Dunha banda, Jose Ángel Egido protagoniza
El asesinato de Carrero Blanco este thriller que reconstrúe o atentado do militar e político en 1973. Trátase dunha miniserie dirixida por Miguel Bardem. Telecinco tamén estrea
Familia, unha comedia sobre os dramas, medos e alegrías que viven os membros dunha saga. Nela Mabel Rivera interpreta a Maria Helena, a matriarca, que é unha exmodelo e exactriz. Esta serie está dirixida por José Ramos Paíno (El Comisario), Ignacio Mercero (Motivos Personales) e Víctor García de León (Vete de Mi). O creador de Cuéntame é o coordinador de guións desta nova aposta..
Amplía a nova>>