Novas | 1911 a 1920 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

12/12/2012
Senunpeso renova a oferta formativa do Laboratorio Audiovisual de Vedra

Obradoiros para aprender a competir para a pantalla, aprender a difundir dun xeito eficaz unha mensaxe audiovisual, dirección artística “low cost”….ata un total de dez cursos fan parte da oferta formativa da vindeira edición do Laboratorio Audiovisual de Vedra. A proposta que fai o colectivo Senunpeso.org arrinca nunha edición para a que preparan un proxecto que suporá un punto de inflexión na organización deste singular encontro. A cita desenvolverase os días 16 e 17 de febreiro e xa teñen aberto o prazo de inscrición dos cursos. . Amplía a nova>>

11/12/2012
Tres filmes galegos reciben axuda para a amortización do ICAA

As axudas a amortización son ese tipo de achegas que o Estado concede polo recadado en taquilla, e que o Estado manifestou a súa intención de eliminar. O ICAA acaba de resolver a convocatoria deste ano (que fai referencia a filmes entrenados no segundo semestre de 2010) e neles figuran as seguintes producións galegas Retornos (Vaca Films), 18 comidas (Tic Tac Produciones e Zirzozine) e A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol (Abano Producións e Contintental). A achega dos tres títulos suporalle ás produtoras galegas un total de 173.172,33 euros.. Amplía a nova>>

11/12/2012
Galicia celebra o centenario de Celso Emilio o 12-12-12

O centenario de Celso Emilio Ferreiro, que se celebra mañá, 12 de decembro de 2012, está a concitar diferentes homenaxes por todo o país. Deste xeito, alumnos de centros de ensino de todo o país participarán mañá, ás 12 da mañá na iniciativa RecitandoCelsoemiliO. O proxecto, artellado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propoón un recitado colectivo e simultáneo do poema Deitado fronte ao mar do escritor de Celanova. Pola súa banda, o restaurante Rúa, de Compostela, acollerá a homenaxe Lembrando a Celso Emilio Ferreiro coa intervención do crítico Ramón Nicolás e de Aser Álvarez. O acto inclúe tamén un recitado a cargo de Xiana Arias e Luz Fandiño, e unha actuación musical de O Leo. Tamén a coincidir coa data, a TVG estreará o documental 100% CEF, no que Luís Tosar interpreta o poeta e que está dirixido por Aser Álvarez.. Amplía a nova>>

11/12/2012
A TVG amplía a oferta de subtitulado de producións audiovisuais

Comezaron con Casamos! a opción de poder visionar as emisións da cadea na TDT con subtítulos en galego. Agora, despois dunha fase de probas, a Televisión de Galicia incrementa a oferta de programas subtitulados nas súas dúas canles a través da TDT. As series Hamburgo 112 (de luns a venres), Libro de familia (os domingos) , Grandes lugares, Donde vai a xente (os sábados) e os documentais de National Geographic (sábados). A oferta inclúe tamén a serie de animación One Piece, dentro do espazo do Xabarín Club (TG2). A cadea informa tamén que se irán incorporando longametraxes a este proxecto, que se insire dentro do Plan de Acción Integral para as persoas con Discapacidade de Galicia 2012-2013.. Amplía a nova>>

11/12/2012
Engurras destaca na Spanish Cinema Now! de Nova York

Son xa vinte e unha as edicións da Spanish Cinema Now! que o ICAA e o Instituto Cervantes de Nova York organizan no Lincoln Center de Nova York. Nesta ocasión, enter as 18 películas e 8 curtametraxes seleccionadas hai unha produción galega, Engurras, que se proxectará o vindeiro domingo 16, día de peche da mostra. A cita pretende dar un escaparate para coñecer o pulso creativo do cinema español en Estados Unidos. A mostra arrincou o pasado domingo que rende tributo a Luis Buñuel cunha retrospectiva.. Amplía a nova>>

10/12/2012
Novos premios para o audiovisual galego en Palencia e Estremadura

Esta fin de semana tivo lugar en Palencia o 24 Festival Internacional de Curtametraxes de Aguilar de Campoo. Unha cita na que Carlos Blanco recibíu o premio a mellor actor por Desayuno con diadema. Non foi o único galego, xa que Nani García recibiu o premio pola banda sonora de O xigante, cinta de animación dirixida por Luis da Matta Almeida. Antes ca estes premios, Pela del Álamo gañou o premio á mellor longametraxes en Extrema´Doc con Nacional VI e a cinta continúa o seu percorrido en Lanzarote onde esta semana participa na Mostra de Cine Europeo. . Amplía a nova>>

10/12/2012
Un canguro todoterreo

Tutú é un canguro que non ten mobilidade, por iso para moverse precisa rodas, alas ou hélices. A súa mellor amiga é Nina, unha pulga interactiva moi, moi pequena. Raffa é unha xirafa que ten complexo de alta e Tupa é unha toupa ecoloxista. Estas son algunhas das personaxes que compoñen Tutú, un proxecto a medio camiño entre proposta educativa e de entretemento, co que Ficción Producións explora novos camiños.. Amplía a nova>>

07/12/2012
Varias producións galegas figuran no listado das candidatas aos premios Goya

O sexo dos anxos, Invasor, Lobos de arga, O apóstolo, Operación E ou Vilamor son algunhas das producións galegas preseleccionadas para a vixésimo sétima edición dos Premios Goya. De momento, a Academia ten no seu sitio web o listado de todas as producións que cumpren coas bases e, polo tanto, entran no proceso para escoller os mellores títulos audiovisuais do ano 2012. Entre as candidatas, hai producións galegas e case todas as categorías, no entanto, destaca a ausencia de producións galegas nas categorías de curtametraxes e a escasa presenza no sector da animación. Neste caso só figura unha produción no apartado de mellor longametraxe de animación, con O apóstolo. . Amplía a nova>>

03/12/2012
Nadie tiene la culpa acada varios premios na VIII mostra “Vila de Noia”

A oitava edición da Mostra de Curtas “Vila de Noia” botou o peche onte coa entrega de premios. Un total de 6.600 euros que se repartiron entre numerosos proxectos. A gañadora foi Nadie tiene la culpa, de Esteban Crespo que aborda con ironía as razón dunha separación, que se fixo co premio a mellor curta, mellor dirección e a interpretación de Pilar Castro. O mellor guión foi para Anacos de Xacio Baño, mentres que Luis Zahera recibiu o premio a mellor actor por Conversa cunha muller morta O premio honorífico foi para Antonio Mourelos. . Amplía a nova>>

30/11/2012
Máis festivais galegos quedan fóra das axudas do Ministerio de Educación

A Secretaría de Estado de Cultura acaba de facer pública a relación de beneficiarios da segunda fase de axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos. Nesa listaxe só figura unha cita galega, Cineuropa, que recibirá 10.000 euros. No apartado de excluídos están o festival euroárabe Amal, o de Cine Internacional de Ourense, o de Cine Fantástico e de Ciencia Ficción da Coruña e o Culturgal. Deste xeito só dúas citas: Play Doc e Cineuropa recibirán axuda desta partida, cun total de 15.000 euros entre as dúas, lonxe dos 76.000 euros que o noso país recibiu para este fin en 2011.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org