Novas | 1921 a 1930 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

29/11/2012
A pequena pantalla medra

A aparición da televisión dixital multiplicou a variedade e a forma de acceder aos contidos. E máis que vai cambiar. De momento, os avances son tímidos, malia que os proxectos son cada vez maiores, cuestións xurídicas (principalmente a xestión dos dereitos) e desenvolvemento tecnolóxico, frean os avances. Coas canles de subscrición de R de Play Doc e Músicas Tolemias estes días asistimos a presentación de diferentes propostas que avanzan novos horizontes para a produción galega. . Amplía a nova>>

27/11/2012
Comeza en Vigo a Semana de Cine Submarino que reduce a súa programación

É un clásico na programación do outono vigués, a Semana de Cine Submarino, que chega mañá mércores á carteleira. Faino coa proxección de Pacífico Sur: un océano de islas que abre tres días de proxeccións e presentación a cargo dun científico relacionado co mundo mariño, máis as xornadas para escolares. Nesta ocasión non haberá ningunha produción galega na programación e desenvolverase no Centro Cultural Novacaixagalicia.. Amplía a nova>>

27/11/2012
A TVG apoia financeiramente 16 proxectos audiovisuais neste 2012

En 2011 a CRTVG regulou unha nova forma de presentar as solicitudes de proxectos audiovisuais de interese para a cadea, ao abrir un rexistro sen límites temporais aos as empresas podían presentar as solicitudes. Seguindo este procedemento a entidade acaba de facer pública a relación de 16 proxectos audiovisuais nos que participará neste ano. Son 8 longametraxes cinematográficas (El Niño, Os Fenómenos, A praia dos afogados, O ouro do tempo, A actriz Margarita Xirgu, Soños arraianos, As altas presións e Lobos sucio) unha película para televisión(La Rueda), tres series de animación (Cocorico, Tutú e Escravos da terra) e catro documentais (Escravos da terra, Metílico, 1980 e O feitizo xenético dos Austrias).. Amplía a nova>>

23/11/2012
A CRTVG emitiu o ano pasado 750 actuacións do novo talento galego

O primeiro informe de responsabilidade social corporativa da CRTVG ofrece datos como que esta cadea emitiu en 2011 unhas 750 actuacións de promoción do novo talento galego. A través das súas catro canles, emitiu 2.800 horas centradas na atención especial ás minorías, 61.000 horas en galego, das que 5.700 corresponderon a programas culturais e divulgativos, 2.600 a contidos infantís e 10.700 horas a espazos informativos. O documento fai referencia tamén ao desenvolvemento de 78 accións en defensa da cultura e ao establecemento de 8 convenios en vigor para favorecer proxectos culturais, así como o apoio de iniciativas sociais, coa sinatura de 6 convenios e de 18 accións para a integración. Amplía a nova>>

23/11/2012
Chega a carteleira Invasor, o último filme de Vaca Films

Un médico militar (Alberto Ammann) que, tras estar a piques de morrer nun atentado durante unha misión internacional en Oriente Medio, volta á casa. Aos poucos vai recuperando lembranzas que o leva a renegar da versión oficial e a unha busca pola verdade. Daniel Calparsoro dirixe a nova aposta de Vaca Films, un filme rodado na Coruña e con abondoso equipo técnico e artístico galego. A cinta terá 252 copias en toda España e ningunha en galego.. Amplía a nova>>

21/11/2012
Un ciclo de cine afonda nas diferentes representacións da emigración

A visión da emigración que Sergio Leone presenta en Once upon a time (Érase unha vez en América) é ben diferente da documentación dos fluxos migratorios galegos na Arxentina de Margarita Ledo en A cicatriz branca pero contribúen a dar unha visión poliédrica da mesma realidade. Por iso, estes títulos xunto con escolmas do NODO ou filmes como Tierra de nuestros mayores de Manuel Eirís ou La puerta del cielo de Michael Cimino conforman o ciclo “Cine e Emigración” que o Consello da Cultura Galega e o CGAI programan desde hoxe. O desprazamento físico, antropolóxico e vivencial tanto a latinoamérica como aos Estados Unidos vistos tanto dun xeito autóctono como desde o de grandes superproducions americanas son os eixes que xustifican a escolla dos títulos.. Amplía a nova>>

20/11/2012
Engurras suma novos premios ao seu palmarés

Mentres agarda polos Premios Europeos de Cine, que se desenvolven o vindeiro1 de decembro en Malta, Engurras continúa ampliando o seu palmarés. Os últimos premios son o de mellor película no Festival de Cine de Alcalá de Henares (Alcine), na súa categoría de Pantalla Abierta. O filme conta con proxeccións en Estados Unidos (Washington) e Macedonia. Outro filme que suma un novo recoñecento é Polvo, coproducido por Tic Tac Producions,que acaba de recibir a Competencia de ficción del Festival Internacional de Cine de Antofagasta (Chile). O xurado destacou do filme que “consegue facer da súa historia unha metáfora do seu país”. O filme tamén está de actualizade porque mañá se estrea en Guatemala.. Amplía a nova>>

20/11/2012
Da artesanía ao turismo polo audiovisual

Vídeos que convidan a coñecer algunhas das persoas que traballan coas mans na comarca da Mariña. Este é o eixe do proxecto Alma da artesanía, unha iniciativa que se presentaba o pasado 8 de novembro cunha rolda de prensa en Twitter. Fotografías de Iván Nespereira e Matteo Bertolino e a visións do realizador Pela del Álamo dan a coñecer traballos com os de oleiros, redeiras, ferreiros ou carpinteiros de ribeira que, nalgúns casos, están en risco de desaparición.. Amplía a nova>>

20/11/2012
Salvador García Bodaño e Quintana Martelo entre os Premios da Cultura Galega

Salvador García Bodaño na categoría das Letras; Manuel Quintana Martelo na das Artes Plásticas; o grupo de teatro Airiños (Rianxo) na das Artes Escénicas; a Fundación Eduardo Pondal en Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural; a Asociación Internacional Estudos Galegos en Promoción Cultural de Galicia; Manuel Rodeiro en Música e Miguel Anxo Fernández na modalidade de Creación Audiovisual. Estes son os Premios da Cultura Galega 2012, uns galardóns convocados pola Xunta para recoñecer o traballo de persoas e institucións nos distintos eidos da creación. . Amplía a nova>>

19/11/2012
O apóstolo suma premios mentres se lle acumulan problemas de distribución

Cara e cruz para O Apóstolo, o filme de Fernando Cortizo que produce Artefacto. O filme acaba de sumar un novo premio ao seu completo palmarés ao recibir o galardón de mellor película no Festival CineHorizontes de Cine Español de Marsella. Con todo, non todas son boas novas para este filme de animación. Isabel Rey, produtora executiva do filme confirma que “malia ter 80 copias pactadas en todo o Estado, só se están a poñer 25, e destas algunha delas en horario matutino e nun único pase”. O problema de distribución e de exhibición, sen ningunha copia en galego, fai que desde a produtora estean a buscar circuitos alternativos para poder exhibila. “Estamos a barallar as redes da SGAE e da Fundación Novacaixagalicia” asegura Isabel Rei.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org