Un médico militar (Alberto Ammann) que, tras estar a piques de morrer nun atentado durante unha misión internacional en Oriente Medio, volta á casa. Aos poucos vai recuperando lembranzas que o leva a renegar da versión oficial e a unha busca pola verdade. Daniel Calparsoro dirixe a nova aposta de Vaca Films, un filme rodado na Coruña e con abondoso equipo técnico e artÃstico galego. A cinta terá 252 copias en toda España e ningunha en galego.
Son arredor de cinco millóns de euros, o orzamento desta nova produción que busca revalidar o éxito de Cela 211, que fixo moi popular á produtora coruñesa. Vaca Films aposta por un filme de acción, que traslada á gran pantalla a novela homónima de Fernando MarÃas.
O filme, coproducido con Morena Films, obtivo “unha subvención ao abeiro da convocatoria realizada no 2011 pola Axencia Galega das Industriais Culturais (Agadic) para as producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artÃstico e cultural” tal e como destacou a ConsellarÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nunha nota de prensa. O filme foi seleccionado para participar na sección oficial do Festival Internacional de Cine Fantástico de Sitges o pasado mes de setembro.