Xabier Bermúdez conclúe en Vedra a rodaxe do seu novo filme

Ernesto Chao, Nerea Barros e Marta Larralde protagonizan a cinta

14/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Fotograma de "O ouro do tempo"

O ouro do tempo é un drama que conta a historia dun doutor que leva corenta anos conservando o cadáver da súa fiada muller esperando que a ciencia poida devolvela á vida nalgún momento. Protagonizada por Ernesto Chao, Marta Larralde, Nerea barros e Manel Cortés rematou onte no concello de Vedra (A Coruña) as gravacións deste filme, rodado integramente en galego. Coa expceiciónd e Alfonso Sanz, director de fotografía, o equipo técnico e artístico é totalmente galego. A produción conta cunha achega de Agadic (323.239,44 a produción), está á espera de concretar a participación da Televisión de Galicia e ten prevista a súa estrea en 2013.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vedra, Nerea Barros, Ernesto Chao, Ouro...