O director ourensán Xavier Bermúdez (Ourense, 1951) recibirá o premio Calpurnia de Honra na edición 23ª do Festival de Cine de Ourense (OUFF). Asà se deu a coñecer a través dao servizo de comunicación da Deputación de Ourense, xa que tanto o sitio web do festival como as súas redes sociais seguen sen estar actualizados tras da 22ª edición. Con este galardón, o certame quere recoñecer, por primeira vez en Galicia, a traxectoria artÃstica deste cineasta e produtor que rodou longametraxes de ficción destacadas como León y Olvido. A nova edición do festival tamén proxectará boa parte da filmografÃa do cineasta e publicará unha monografÃa do crÃtico e historiador cinematográfico, Eduardo Galán, sobre a carreira. Ó recibir a Calpurnia de Honra, Bermúdez súmase a unha lista de homenaxeados no OUFF, na que figuran Montxo Armendáriz, Luis G. Berlanga ou o actor Imanol Arias, entre outros. Este ano, o premio recae nun dos guionistas e directores ourensáns en activo máis galardoados internacionalmente. Por escolla propia, o premio entregarase antes da proxección do seu filme máis persoal, O ouro do tempo, protagonizado polo desaparecido Ernesto Chao, Marta Larralde, Nerea barros e Manel Cortés e que polo de agora pecha a súa filmografÃa.
Xavier Bermúdez naceu en Ourense en 1951. Estudou na facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense e comezou a súa carreira profesional como xornalista, tanto en prensa -foi redactor xefe de cultura en "La Tarde" e crÃtico de cine no suplemento cultural de "El Mundo"- como na radio, onde colaborou nos programas de RNE/Radio 3 "Perfil de ruedo", "Caravana de hormigas" e "Pensamento3".
Foi en 1992 cando dirixiu a súa primeira longametraxe Luz negra, coa que Mónica Molina recibiu o premio de interpretación en Xixón e Alcalá. En 1994, con Luis Miguel Fernández e a súa parella, a tamén directora Manane RodrÃguez, fundou a súa produtora Xamalú, con sede en A Coruña e coa que rodou varias pelÃculas en Galicia. Nena (2000), premiada en Alcalá; León y olvido (2004), que recibiu galardóns, ademais de en Ourense, en Karlovy Vary, Atenas, Toulouse ou Tallin; Rafael (2008); e Ouro do tempo (2018), galardoado en Calanda, Karlovy Vary, Varna e Durres.
Por outra banda, Xavier Bermúdez escribiu e rodou varias curtametraxes e documentais e foi coguionista de Los pasos perdidos (2001), Un cuento para Olivia (2007), Un ajuste de cuentas (2011) e Migas de pan (2016). Entre as súas contribucións ó cine destaca tamén a autorÃa de Buñuel: espello e soño (Edicións da Mirada, 2000), sobre o xenio de Calanda.