O último filme de Xavier Bermúdez, O ouro do tempo, competirá en Karlovy Vary

Proxectarase o día 2 de xullo no marco do coñecido festival checo

5/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Alfredo Méndez (Ernesto Chao) é un médico que leva corenta anos conservando o cadáver crioxenizado da súa muller trala súa morte. Como a súa saúde foi mermando, contrata a Corona (Nerea Barros), unha enfermeira nova que fai as veces de criada. Esta é a sinopse de O ouro do tempo,o último filme de Xavier Bermúdez que compite na sección oficial do 48 Festival Internacional de Cine de Karlovy Vary (República Checa). Este traballo, rodado en galego e en Vedra, contou coa participación da CRTVG e unha subvención de Agadic (323.239,44 euros a produción). Este certame é xa coñecido por Bermúdez, lugar ao que asistiu en 2004 con León e Olvido. O festival terá lugar do 28 de xuño ao 6 de xullo e entregaralle a Oliver Stone o Globo de Cristal, premio especial pola contribución ao mundo do cine.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito