“León e Olvido” leva dous premios no festival de Karlovy Vary mentres o filme de animación “Minotauromaquia” participa nun certame en Hiroshima

Recoñecementos AV

13/7/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A película “León e Olvido” do ourensán Xavier Bermúdez, conseguiu a pasada fin de semana dous premios no festival internacional de Karlovy Vary en Chequia. Bermúdez fíxose co Globo de Cristal á mellor dirección mentres Marta Larralde era considerada a mellor actriz. Tamén nestes días o filme de animación “Minotauromaquia: Pablo no labirinto” realizado por Juan Pablo Etcheverry está a participar no prestixioso Festival Internacional de Animación de Hiroshima. O filme está baseado na obra de Pablo Picasso e foi realizado mediante bonecos de plastilina.

Máis información sobre os premios de “León y Olvido” en El Mundo; ficha do filme en AVG; sobre “Minotauromaquia” en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe; as fichas de J. P. Etcheverry e a de Minotauromaquia en AVG.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AVG, León, Animación, Culturagalega...