Alber Ponte consegue o Premio Especial do Público en Curtocircuíto con “Esperando”

Circuíto de premios

21/6/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Alber Ponte chegaba xa a Curtocircuíto cun galardón debaixo do brazo, o certame de guións celebrado dentro do apartado “Compostela Ródase”; e marcha con outro premio polo seu traballo “Esperando”, que concede o público e o único con dotación económica (1.500 euros). A listaxe de gañadores do festival que rematou onte é a seguinte: Yolanda Castaño con “O vídeo da egoísta” (videocreación), Alberto Ruíz Rojo con “Dez minutos” (fición), Juan Pablo Etcheverry con “Minotauromaquia” (animación e premio especial do xurado) e Paco R. Baños con “Necesidad) (mellor idea orixinal).

Máis información no seu sitio web e en La Voz de Galicia ; vai ver tamén as fichas de J. P. Etcheverry e a de Minotauromaquia en AVG.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AVG, Curtocircuíto, Culturagalega, Yolanda Castaño...