Cara e cruz para O Apóstolo, o filme de Fernando Cortizo que produce Artefacto. O filme acaba de sumar un novo premio ao seu completo palmarés ao recibir o galardón de mellor pelÃcula no Festival CineHorizontes de Cine Español de Marsella. Con todo, non todas son boas novas para este filme de animación. Isabel Rey, produtora executiva do filme confirma que “malia ter 80 copias pactadas en todo o Estado, só se están a poñer 25, e destas algunha delas en horario matutino e nun único pase”. O problema de distribución e de exhibición, sen ningunha copia en galego, fai que desde a produtora estean a buscar circuitos alternativos para poder exhibila. “Estamos a barallar as redes da SGAE e da Fundación Novacaixagalicia” asegura Isabel Rei.
De xeito paralelo ás negociacións para distribuÃr o que é seu primeiro grande proxecto audiovisual, Artefacto ten outras propostas en desenvolvemento. Dunha banda está O prÃncipe dos soños, que é unha adaptación duns libros noruegueses e que están a facer cunha produtora americana. Da outra, Organistrum que se trata “doutra aventura de Ramón, o protagonista de O Apóstolo pero que non é segunda parte, senón que segue a mesma técnica e conta a historia relacionada coa alquimia e ambientada en Europa”. Ademais, cunha produtora mexicana están a facer a serie infantil para televisión Remata a araña.