Novas | 1931 a 1940 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

19/11/2012
Agustín Fernández Paz leva o Premio da Crítica á creación literaria

O Hotel Os Escudos de Vigo acollía o pasado sábado a XXXV Edición dos Premios da Crítica de Galicia. A obra Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz, fíxose co galardón á creación literaria nesta edición, mentres Patricia Fra foi galardoada na categoría de investigación pola súa edición da obra Regreso a Compostela de Edith Wharton. A Asociación Galega de Compositores viu recoñecido o seu traballo no apartado de música, mentres Carmen Nogueira foi premiada no apartado de Artes Plásticas e Visuais e Xosé Manuel Olveira Pico no de Artes Escénicas e Audiovisuais.. Amplía a nova>>

16/11/2012
O audiovisual busca no Culturgal encontrarse con público e co sector

Un lugar para que o público coñeza as últimas producions audivosuais (A Esmorga, Operación E, Dúas Letras…) pero tamén para que o sector poida debater o papel dos dereitos de difusión ou experiencias didácticas. O sector audiovisual ten claro que esas son as dúas liñas de traballo e son as que exhibirá no Culturgal, na feira das industrias culturais que terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro en Pontevedra. . Amplía a nova>>

16/11/2012
A televisión rexional prepara en Compostela o seu modelo

O futuro incerto das televisións públicas fai que a xornada que hoxe comeza na Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago teña especial relevancia . Os representantes de Circom, a Asociación Europea de Televisións Rexionais, abordarán os contidos da 31 Conferencia Anual, que se desenvolverá en maio de 2013 baixo a organización da CRTVG. Nesta xuntanza preparatoria, os directivos abordarán proxectos de coproducións, cooperación, actividades de formación e un estudo sobre a dimensión da televisión rexional.. Amplía a nova>>

14/11/2012
Xabier Bermúdez conclúe en Vedra a rodaxe do seu novo filme

O ouro do tempo é un drama que conta a historia dun doutor que leva corenta anos conservando o cadáver da súa fiada muller esperando que a ciencia poida devolvela á vida nalgún momento. Protagonizada por Ernesto Chao, Marta Larralde, Nerea barros e Manel Cortés rematou onte no concello de Vedra (A Coruña) as gravacións deste filme, rodado integramente en galego. Coa expceiciónd e Alfonso Sanz, director de fotografía, o equipo técnico e artístico é totalmente galego. A produción conta cunha achega de Agadic (323.239,44 a produción), está á espera de concretar a participación da Televisión de Galicia e ten prevista a súa estrea en 2013.. Amplía a nova>>

13/11/2012
Lois Patiño estrea no Festival de Cine de Roma a súa última curtametraxe

Montaña en sombra é o título do último traballo de Lois Patiño (Vigo, 1983) e co que se presenta no Festival de Cine de Roma. Nesta curtametraxe, o realizador vigués continúa fiel á súa liña de traballo de documental de corte experimental onde a paisaxe e natureza gozan de especial protagonismo. Esta vez trasládase á montaña, para observar a uns esquiadores para afondar na relación do home e a inmensidade da paisaxe. Unha atmosfera onírica contribúe a crear unha das súas nova Producións que se estrea en Roma, na sección competitiva Cinema XXI.. Amplía a nova>>

12/11/2012
Fóra de pantalla

A historia de amor entre un soldado polaco e a viúva dun soldado alemán no remate da Segunda Guerra Mundial que retrata Roza, do polaco Wojciech Smarzowski , convence ao xurado da 17 edición do Festival de Cine de Ourense. Unha cita que pechou as súas portas cun aforo medio do 70% o que, en palabras do seu voceiro Diego López, “é un alivio e unha satisfacción saber que o traballo feito é recompensado pola cidadanía”. Este ano estivo marcado polas incertezas de tipo organizativo e económico que trazan un punto de inflexión no festival de cine de Ourense.. Amplía a nova>>

08/11/2012
O proxecto da A ultima viaxe do afiador chega ao festival de Cine de Ourense

Non se estreará ata xaneiro de 2013, pero o proxecto documental A ultima viaxe do afiador continúa a súa xira de presentación por Galicia. A última cita foi no marco do Festival de Cine de Ourense onde o seu director Aitor Rei, estivo a explicar as características deste filme que conta a historia de Armando Álvarez, un afiador que comeza a súa última viaxe tras toda unha vida dedicada ao mesmo oficio. Non foi o último filme galego do festival, xa que o italiano afincado en Ourense, Simone Saibene, deu a coñecer 9 ondas, a súa primeira longametraxe. Nela conta a historia dun home que perde a memoria tras beber da aunda dunha fonte que lle permite iniciar unha viaxe cara á súa verdadeira identidade. . Amplía a nova>>

08/11/2012
Creadoras: a través dos lugares

Hoxe conclúe en Ferrol a II edición do Ciclo Creadoras Galegas de Imaxe, unha cita convocatada para dar a coñecer e difundir propostas e obras de mulleres. Pechan esta edición que se desenvolve en Ferrol, tres proxeccións que afondan na idea do contexto, é dicir, dos lugares e dos momentos históricos. Ademais, Xisela Franco e Cora Peña, dúas creadoras audiovisuais, participarán na mesa de debate moderada por Encarna Otero.. Amplía a nova>>

07/11/2012
Os escolares de Pontevedra acaparan os premios do Festival de Cine de Ourense

O festival de Ourense entrou no ecuador desta edición coa entrega de premios do seu concurso para escolares no que participaron 1.100 alumnos de 57 grupos. Os gañadores foron os CEIP Mester Valverde de Mayo en Mos co seu traballo Maxín, na categoría infantil, e o IES A Chapela de Redondela con Eu falarei. En realidade os escolares da provincia pontevedresa case acapararon o palmarés desata edición porque gañaron o segundo premio infantil (A tartaruga que quería durmir) e o de secundaria (Pedigree do IES Manuel García Barros da Estrada). O premio Ponte nas Ondas recaeu nos escolares dun centro de braga por A minha avó…contame-me uma historia. O xurado concedeu unha mención especial ao traballo feito polo CPI Virxe da Saleta con Unha cuestión de educación.. Amplía a nova>>

07/11/2012
Xosé Manuel Olveira, Pico, premiado en Braga polo seu papel en Sinbad

Aurelio, ou o vello Sinbad, é un vello mariñeiro que comparte os seus coñecementos fantásticos entre os seus compañeiros diarios de café e dominó. O papel, que interpreta Xosé Manuel Olveira, Pico, acáballe de valer o premio a mellor actor en Bragacine, o festival de cine de braga. O filme dirixido por Antón Dobao foi producido por Ficción Producións e Televisión de Galicia. A cinta ten pendente participar noutro festival, o de Cine para televisión 2012 que se celebra a final de mes. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org