Novas | 1941 a 1950 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

07/11/2012
Creadoras: Traballo e resistencia

Hai varios denominadores comúns que enfían a segunda das xornadas do ciclo Creadoras galegas da Imaxe (Centro Sociocultural Novacaixagalicia, Ferrol), pero entre eles destaca esa ollada común ao mundo laboral. Nesta ocasión a protagonistas centran a súa narración desde dentro, desde a pel das traballadoras.. Amplía a nova>>

06/11/2012
Preséntase o Culturgal 2012

A casa da cultura galega é a túa casa. Tí tes a chave é o lema da edición 2012 do Culturgal, Feira das Industrias Culturais. O evento, que se presentaba esta mañá en Pontevedra, desenvolverase no Pazo da Cultura da Cidade do Lérez entre o 30 de novembro e o 2 de decembro e contará con 70 entidades de diferentes ámbitos representadas e máis de 140 actividades. Presentacións de libros, discos e novos proxectos de difusión así unha programación especial para nenos son algúns dos puntos fortes do programa, que trascende a sede o evento e leva propostas ás rúas de Pontevedra.. Amplía a nova>>

06/11/2012
Dúas producións galegas participan no ciclo documental do Reina Sofía

Á crise cinematográfica, únese unha forma de ollar cara a realidade que muda e innova o concepto do documental tanto na forma como na temática. Nesa mutación, a medio camiño entre a produción audiovisual e artística, o Museo Reina Sofia convoca a once creadores e creadoras a exhibir e falar dos seus traballos. O ciclo, que ten o título, Urxencias da contemporaneidade agrupa a once traballos realizados entre 2011 e 2012 entre os que figuran dous títulos galegos: Vikingland de Xurxo Chirro e, Electroclass de María Ruído.. Amplía a nova>>

06/11/2012
Creadoras: Interferencias

Cinema de autor, videocreación… ou ambas cousas á vez. Estas son as características da primeira sesión do ciclo Creadoras galegas da Imaxe. Baixo o titulo de interferencias pódese ver relatos que amosano utras narrativas, outras temática que se saen do habiatual. Gemma Pardo, María Ruído, e o tándem formado por Xoán Anleo e Uqui Permuy abrente esta tarde en Ferrol un proxecto que pretende dar a coñecer e difundir propostas e obras de mulleres. A cita, que abre esta tarde en Ferrol, está organizada pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.. Amplía a nova>>

02/11/2012
Santiago gañará unha pantalla de cine coa apertura do novo centro comercial

Este domingo pecharán a sala de cine de Área Central que Cinesa mantiña desde hai 19 anos en Santiago de Compostela. O motivo é que a exhibidora se traslada ao novo centro comercial que abrirá as súas portas o vindeiro día 15 de novembro. Vaino facer con 8 pantallas, unha máis das que mantiña no antigo centro. Mentres tanto a oferta cinematográfica redúcese ás 6 pantallas que ten o Valle Inclán no centro da cidade. A oferta diminueu este ano coa perda do cine Compostela que pechou as súas portas tras varios anos ofrecendo cinema independente. . Amplía a nova>>

02/11/2012
Arrinca a 17 edición do Festival de Cine de Ourense cunha programación máis reducida

Detrás quedan meses de incertidume, de debate político que superou o puramente cinematográfico trala decisión da Deputación de Ourense de rescindir o seu apoio económico e formal ao encontro (trala disolución do Consorcio que o organizaba). Malia a todo, a 17 edición do Festival de Cine de Ourense arrinca esta noite coa gala inaugural, na que se proxectará o filme Buscando a Eimish. Abre así unha cita que conta con 45 filmes, dos que 12 títulos competirán pola Calpurnia, premio do festival. A presenza galega queda reducida nesta ocasión a un ciclo paralelo.. Amplía a nova>>

31/10/2012
Cineuropa presentará este ano unha edición máis reducida

Seguirá fiel á súa esencia de cinema independente e ás fórmulas de programación habituais (en diferentes salas da cidade con programación complementaria) pero máis reducida. A vixésimo sexta edición de Cineuropa desenvolverase en Santiago do 8 ao 30 de novembro. Da programación complementaria, sábese do concerto que a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Nacho de Paz, ofrecerá o xoves 22 de novembro que lle poñerá música ao clásico do experionismo alemán, Nosferatu. En canto as proxeccións, Cineuropa volverá acoller este na programación o II ciclo de proxeccións, agrupadas co título “A construción do relato ideado” no que se proxectarán Tralas luces, de Sandra Sánchez, Electroclass de María Ruído e Apuntamentos para un cine. A cicatriz blanca de Sivia Roca mais Ramiro Ledo.. Amplía a nova>>

31/10/2012
Ourense complementa o OUFF con gastronomía inspirada en filmes

Baixo o título Ourense sabe a cine, o concello de Ourense completa a oferta cultural relacionada co festival de cine, o Ouff. Trátase dun programa gastronómico no que participan 36 restaurantes e taperías da cidade co obxecto de ofrecer pratos inspirados en filmes cinematográficos. Tapas a partir de 1.80 e menús desde 14 euros conforman unha oferta que supera o estritamente cinematográfico pero que é unha liña de traballo que tamén realizan outros encontros deste tipo como o Festival Amal en Santiago.. Amplía a nova>>

30/10/2012
Varios documentais galegos participan en festivais internacionais

Estes días celébrase en Copenhague o CPH:DOX, un festival internacional de curtametraxes que conta coa presenza dun título galego. Trátase de Fóra de Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas que compite na sección "New Visions" . O filme, que se centra na historia do manicomio de Conxo, contou cunha axuda a talento da Agadic (16.175,74 € en 2011). Canda este documental, arraianos de Eloi Iniciso vén de participar noutra importante cita para este xénero o DOC Lisboa. O filme retrata,a partir dunha obra de Jenaro Mariñas del Valle, a vida dos habitantes da raia entre Galicia e Portugal.. Amplía a nova>>

29/10/2012
A Xunta destaca o papel do CGAI no día do Patrimonio Audiovisual

A restauración que técnicos do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) fixeron da imaxe experimental de Eugenio Granell que se pode ver estes días no CGAC é un dos exemplos que a Xunta quixo destacar do seu labor co gallo do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual(27 de novembro). A cita, declarada pola UNESCO para destacar a importancia da preservación, conservación e difusión dos fondos audiovisuais, serviu para por en valor os diferentes organismos que teñen relación nesta materia: o CGAI, a CRTVG e a Bibioteca de Galicia.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org