Novas | 1951 a 1960 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

26/10/2012
A Academia do Cine festexa o día da animación con Engurras

Este domingo é o Día Internacional da Animación, unha cita que a Academia Española de Cinematografía e Artes Audiovisuais celebrará cunha produción galega: Engurras. A sede da Academia acollerá unha proxección (19:00 horas) e posterior coloquio co director Ignacio Ferreras, o coguionista Ángel de la Cruz e o productor, Manuel Cristóbal. O filme, que opta aos premios do Cine Europeo no apartado de mellor cinta animada, será tamén un dos filmes que represente a España na Mostra de Miami (do 8 ao 12 de novembro). Os recoñecementos non paran de chegarlle a esta producion que, para o xornal The Guardian, está entre os cinco mellores filmes de 2011.. Amplía a nova>>

26/10/2012
Curtopía reaparece en Vigo con curtametraxes e música

A fórmula música e curtametraxes son os ingredientes da segunda edición de Curtopía, o certame de curtas vigués que volve ao circuíto de festivais. Abre a cita o ciclo Raias Traveseiras, adicado as migracións modernas, e con Kaloack, unha curta documental feita polas viguesas Area Erina e Miriam do Roxo sobre a vila máis contaminada do Senegal. Forte presenza do audiovisual galego neste encontro no que hai estreas (Manuela, curtametraxe do vigués Julian Maguna sobre a relación dunha nai e a sua filla), avances (o documental biográfico de Celso Emilio Ferreiro feito por 100% CEF e protagonziado por Luis Tosar e Dos soños antes do cinematógrafo, documental que percorre a vida do Xosé Freixeira) e homenaxes (a Enrique Rodríguez Baixeiras, coa proxección de traballos e a rodaxe dun documental sobre a súa figura). Ke Percusión, 23RedAnts e Dreams of Dolly Sheep serán as formacións musicais encargada de porlle música a todo este fenómeno. A cita terá lugar no alga lab de Valadares os días 27 e 28 de outubro.. Amplía a nova>>

25/10/2012
Ráfagas pon en valor o fotoxornalismo

Conferencias (Margarita Ledo, Pepe Baeza, Vítor Mejuto…), proxeccións (España, frontera sur, de Javier Bauluz, El sueño de Malika, de Clemente Bernad, entre outras) e unha exposición (a de Gervasio Sánchez, premio Nacional de fotografía e fotoxornalista especializado en xornalismo en conflitos armados) conforman o esquelete de traballo de Ráfagas. Tratase dun proxecto que pretende por en valor o fotoxornalismo e que se desenvolve ata o vindeiro 6 de xaneiro na Coruña.. Amplía a nova>>

24/10/2012
Cineclubes do noroeste peninsular analizan o descenso de público nunhas xornadas

As cifras son bastante elocuentes. Nos últimos tres anos a cifra se asistentes ás salas de cinema reduciuse case á metade. Unha situación que pretende analizar os representantes de cineclubes de Galicia, norte de Portugual e de Castela e León. A cita terá lugar en Lugo, convocada polo cineclube local, o Valle Inclán. Os debate irán acompañados de catro proxeccións cinematográficas: Entre paradas, producido por Joge Coira, A última viaxe do afiador, de Aitor Rei, Cineatas contra magnates do director catalán Carlos Benpar e Irmáns de sangue de Amo Dierickx.. Amplía a nova>>

23/10/2012
O OUFF incrementa a sección oficial a concurso

Primeiro deron a coñecer os títulos das galas (de apertura e de peche), logo os catro ciclos temáticos que conformarán a programación (Europa, América Latina, Comedia e Panorama Galicia) e hoxe, a organización do Festival de Cine de Ourense deu a coñecer sección oficial a competicion. A novidade é que este ano son doce títulos, dous máis que en edicións anteriores e que o voceiro do festival, Diego López, xustificou “na calidade das cintas”. López tamén explicou que seguirá a ser “un cinema independente, de autor que á súa vez sexa comprometido, que deixe un pouso”.. Amplía a nova>>

22/10/2012
América Latina, Europa, Comedia e Galicia centran os ciclos temáticos do OUFF

Documentais, curtametraxes, de imaxe real e de animación… todos os xéneros e formatos mesturados para dar a coñecer o mellor da realidade cinematográfica en América Latina, Europa e Galicia. Estes son tres ciclos temáticos de carácter non competitivo que presentará o Festival de Cine de Ourense (OUFF) na súa 17 edición. Canda eles, tamén revalidan ao ciclo comedia, para dar a coñecer os últimos traballos deste xénero. . Amplía a nova>>

19/10/2012
Chega aos cinemas A Paixón de María Soliña

O cines Fílmax Pontiñas en Lalín e os Praza Elíptica de Vigo incorporan hoxe á súa carteleira o filme galego A Paixón de María Soliña.Trátase dunha longametraxe documental ficcionada que reflexiona sobre a Inquisición Española a partir do proceso xudicial a unha das figuras máis representativas de Gailcia: María Soliña. Protagonizada por Luma Gómez, Xaime Aguiar, Ángel Outerelo e Alfredo Rodríguez, entre outros, conta con equipo técnico e artístico íntegramente galego. O director deste filme é Emilio J. Fernández e Alfonso Castaño.. Amplía a nova>>

18/10/2012
O Festival de Ourense elixe dúas cintas españolas para abrir e pechar esta edición

Un drama sobre as intuicións e sobre o papel que xogano destino na vida das persoas será o filme encargado de abrir a 17 edición do Festival de Cine de Ourense. A cita que arrinca o vindeiro 2 de novembro na cidade das Burgas conta este ano cunha novidade, xa que por primeira vez na súa traxectoria se cobra a entrada as galas. Serán dous euros, unha cifra simbólica que pretende que a cidadanía colabore co financiamento do festival. Esta cinta inaugural, Buscando a Eimish, narra a viaxe de Lucas por Italia e Alemaña para poder entender o pasado da súa moza e poder recuperala. Outra cinta española, 12+1, una comedia metafísica de Chiqui Carabante será a encargada de pechar a edición. Trátase dunha comedia na que un grupo de persoas vagan polo deserto con intención espiritual que, despois de varios días dubidan se buscan a Deus ou á morte. . Amplía a nova>>

18/10/2012
Parar no medio da estrada

As estradas, é sabido, teñen a función de servir como conexión entre dous puntos do territorio. Polo tanto, o máis común e transitar por elas, se acaso facer algunha parada técnica ou ollar a paisaxe segundo se pasa. Fronte a isto, dous proxectos que se xestaron en paralelo no noso país propoñen parar no medio da estrada. O estudo N-550, Da estrada á rúa e mais o documental N-VI propóñennos repensar uns espazos que fan parte do noso cotián. . Amplía a nova>>

18/10/2012
Olladas N

Achegamos unha selección de imaxes do documental N-VI e do proxecto de investigación N-550. Da estrada á rúa, dúas iniciativas que amosan unha ollada diferente sobre as nosas estradas.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org