Novas | 1961 a 1970 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

17/10/2012
Catro festivais de cine galegos non recibirán axuda do Ministerio de Educación

O Festival de Cans, Curtocircuito, A Mostra de Cine Periférico da Coruña, e os Premios Mestre Mateo, todos eles xa celebrados, non recibirán subvención do Ministerio de Educación e Cultura para as súas edicións de 2012. Así figura na resolución do primeiro prazo das axudas a certames e festivais cinematográficos (que atende aos celebrados no primeiro semestre) e que dá un revés a moitas das citas. O Festival de documentais de Tui, Play Doc, é o único encontro galego que figura no listado, cunha achega de 5.000 euros. “É unha redución do 50% con respecto ao que recibimos en 2011, polo que é un golpe moi duro” explica Ángel Sánchez, codirector desta cita que considera que “o peor é pensar no ano que vén, que vai ser unha incógnita”. O Ministerio reduciu a achega para festivais un 60% con respecto a 2011. . Amplía a nova>>

16/10/2012
A animación centra o IX Encontro Galego de Ilustración

Un ano máis, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) convoca aos seus socios e mais ás persoas interesadas ao Encontro Galego de Ilustración, que cumpre a novena xeira o vindeiro 27 de outubro. Desta volta, as posibilidades da ilustración no campo da animación centran os encontros, nos que participarán profesionais do sector como David Rubín, Alberto Taracido,Virginia Curiá, Tomás Conde, Alberto Vázquez e Julián Romero. As peculiaridades da animación 3D, a 2D, a técnica stop motion ou a produción de filmes de animación son algúns do temas que se abordarán.. Amplía a nova>>

15/10/2012
Os gañadores dos Mestre Mateo proxéctanse en Barcelona

Doentes, de Gustavo Balza, As silenciadas de Pablo Ces e e amor e cantería de Mikel Fuentes son tres dos traballos gañadores da última edición dos Premios Mestre Mateo, que recoñecen o mellor audiovisual galego do último ano. Estes filmes veranse mañá en Barcelona (Cines Maldà de Barcelona, 20:00 horas, de balde) grazas a un acordó entre as academias do audiovisual galega e catalá. . Amplía a nova>>

11/10/2012
A 17 edición do Festival de Cine de Ourense quenta motores coa presentación do cartel

Nun ano especialmente crítico para o festival de Cine de Ourense (tralo anuncio da disolución do Consorcio que o organizaba por mor da saída da Deputación) a cita continúa adiante polo apoio do concello desta localidade. A entidade fixo pública a presentación do cartel da 17 edición que terá lugar do 2 ao 11 de novembro. A cita terá unha programación máis reducida, xa que só mantén unha sección oficial de carácter competitiva (de longametraxes), aínda que está por ver cal será a programación final. Malia que só tivo aberto 5 semanas o prazo de recepción de traballos (en 2011 foi de 15 semanas) nesta edición recibiron 128 traballos de 41 países, e tan só 4 traballos de Galicia. . Amplía a nova>>

10/10/2012
A tvmovie Sinbad selecciona para dous festivais en Braga e Barcelona

Fai parte do proxecto “Un mundo de historias” co que Televisión de Galicia adaptou para a pequena pantalla contos clásicos do sistema literario galego. O último título en adscribirse a este proxecto, iniciado en 2002, foi Sinbad, dirixido por Antón Dobao que se base ana obra Se o vello Sinbad volvese ás illas de Álvaro Cunqueiro. O filme foi seleccionado no Festival Internacional de Cinema Independente de Braga, Bragacine 2012, e no Festival Europeo de Cine para Televisión 2012, Zoom de Igualada (Barcelona). O filme rodouse en galego e conta como protagonistas a Xosé M. Olveira, Pico, Sara Casasnovas e Mariña Sampedro.. Amplía a nova>>

08/10/2012
Engurras proxectarase en Miami no festival de Cine Recente de España

Dúas producións premiadas que continúan o seu periplo internacional: Engurras chega ao festival Miami chamado “Cine Recente de España” xunto cos filmes Grupo 7 e Teño ganas de ti. A cita terá lugar o 8 ao 11 de novembro. Moito antes, este mércores, outro filme galego 18 comidas proxectarase en Estambul, no Instituto Cervantes. Será unha proxección na que tamén estará o director, o lucense Jorge Coira.. Amplía a nova>>

08/10/2012
A cultura entra en debate

Concretar o programa de garantía financeira para que as pequenas e medianas empresas teñan acceso a liquidez para os seus proxectos; incorporar moda e gastronomía na definición de industria cultural... estas son algunhas das propostas que representantes da cultura trasladaron a dous eurodeputados nunha xornada organizada pola oficina en España do Parlamento Europeo. As súas conclusións farán parte do debate parlamentario que arrinca hoxe en Bruxelas e de cuxo resultado dependerán as políticas culturais europeas de 2014 a 2020.. Amplía a nova>>

05/10/2012
O programa Axóuxeres pásase ao multimedia

O programa Axóuxeres, co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca dinamizar o galego en nenos e nenas de entre 0 e 6 anos presentaba onte unha edición na que integra o multimedia. Para alén de cancións e de teatro o proxecto integra unha xira de proxeccións cinematográficas e chegará en total a máis de 40 concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Ademais haberá un espazo de animación centrado nesta iniciativa que se emitirá na segunda canle da televisión autonómica e desenvolveranse xogos para teléfonos móbil. . Amplía a nova>>

02/10/2012
Preséntase A visitadora de cárceres, telefilme sobre Concepción Arenal

A avogada e escritora Concepcion Arenal (1820-1893) traballou como visitadora de cadeas e coa súa experiencia escribiu un volume, que está na base da reforma do sistema penitenciario estatal. Esta época é a que recolle A visitadora de cárceres, un telefilme que producen Zenit Televisión e Distinto Films e coa coproducción de Televisión Española, Televisión de Galicia e Televisió de Catalunya, O filme preséntase este mércores 3 de outubro no Teatro Jofre de Ferrol, con entrada de balde.. Amplía a nova>>

02/10/2012
Animacam contará con sede física na súa quinta edición

A quinta edición do festival de animación, Animacam chega repleto de novidades. A máis destacada é que por primeira vez terán sede física para proxectar os seus traballos finalistas. Será na sede do Macuf onde se poderán ver entre os días 8 e 9 de febreiro e tanto os asistentes como as votacións na rede elexirán aos gañadores desta edición (que se dividirán no concurso off line e on line e se saberán o 12 de febreiro). Ademais, os meses de marzo e abril, o Macuf tamén programará ciclos de animación temáticos de Animacam por idades. Polo demais, a programación deste ano tamén contempla un maratón internacional con películas procedentes de los cinco continented, logo dun ciclo de proxeccións itinerantes que conformarán o que denominan “Premios solsticio de verán”. Co anuncio desas novidades abriuse tamén o prazo de recepción de traballos.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org