O cines Fílmax Pontiñas en Lalín e os Praza Elíptica de Vigo incorporan hoxe á súa carteleira o filme galego A Paixón de María Soliña.Trátase dunha longametraxe documental ficcionada que reflexiona sobre a Inquisición Española a partir do proceso xudicial a unha das figuras máis representativas de Gailcia: María Soliña. Protagonizada por Luma Gómez, Xaime Aguiar, Ángel Outerelo e Alfredo Rodríguez, entre outros, conta con equipo técnico e artístico íntegramente galego. O director deste filme é Emilio J. Fernández e Alfonso Castaño.