Chega á carteleira o filme de Héctor Carré, Personal movie

O filme estréase nas salas que Cinesa ten na Coruña

31/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Nada de glamour, nada de equipo artístico e equipo técnico nunha gran premiere con pase de fotografías e alfombra vermella. A promoción de Personal Movie fíxoa o propio director, guionista, produtor e distrbuidor co cartel do seu filme colgado, polas rúas da Coruña. Nesa localidade preestréase hoxe o filme, que conta a hitoria dun mozo que esperta logo dunha gran festa e atopa un brazo de muller na neveira. Ao non lembrar nada, decide non chamar á policía e descubrir por si mesmo o quepasou. O filme é unha produción galega, rodada na Coruña e con apoio de Agadic e a CRTVG.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Héctor Carré, Héctor Carré, CRTVG...