A paixón de María Soliña chega a Sundance

O Festival de Cine de Sevilla acollerá a presentación de Arraianos

17/9/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Imaxe de presentación de A paixón de María Soliña

Dous filmes galegos achéganse estes días a festivais foráneos. Por unha banda, a produción A paixón de María Soliña proxectarase entre os filmes preseleccionados para o prestixioso festival estadounidense de Sundance. Ademais, poderá verse no de Miami noutra ducia de certames en Europa e América, mentres prepara a súa estrea oficial en Lalín para o vindeiro 28 de setembro. Pola súa banda, o filme Arraianos, de Eloy Enciso, verá a luz no Festival de Sevilla, que se celebra entre o 2 e o 10 de outubro. A seguir, está prevista a súa presenza en eventos de Portugal, Austria, Arxentina e Alemaña, así como en Canadá, a participar nos festivais de Vancouver e Montreal.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sevilla, Cine, Eloy Enciso, Austria...