A Academia do Cine festexa o día da animación con Engurras

A cita representará a España na Mostra de Miami que se celebra en novembro

Este domingo é o Día Internacional da Animación, unha cita que a Academia Española de Cinematografía e Artes Audiovisuais celebrará cunha produción galega: Engurras. A sede da Academia acollerá unha proxección (19:00 horas) e posterior coloquio co director Ignacio Ferreras, o coguionista Ángel de la Cruz e o productor, Manuel Cristóbal. O filme, que opta aos premios do Cine Europeo no apartado de mellor cinta animada, será tamén un dos filmes que represente a España na Mostra de Miami (do 8 ao 12 de novembro). Os recoñecementos non paran de chegarlle a esta producion que, para o xornal The Guardian, está entre os cinco mellores filmes de 2011.

Ligazóns