Os premios Goya recoñecen a animación galega

Engurras e Birdboy sumaron tres galardóns na gala da Academia do Cine de España

20/2/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisualbanda deseñada
40 lecturas | Compartido 0 veces
A Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España recoñeceu na gala que se celebrou a pasada noite con tres premios Goya dúas producións animadas realizadas no noso país e baseadas en cadansúa obra de banda deseñada. Birdboy, a curta de animación de Pedro Rivero e Alberto Vázquez a partir da BD deste autor levou o premio Goya nesta categoría. A Academia recoñeceu outra produción animada galega, Engurras, cos galardóns á mellor longametraxe de animación e mais ao mellor guión adaptado. Ángel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Rosanna Cecchini e Paco Roca, autor valenciado da novela gráfica na que se basea o filme, recolleron este galardón.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas