Bird Boy preseleccionado para os premios Goya

A sede da Academia proxectará os traballos escollidos en tres sesións

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas acaba de dar a coñecer os títulos das 30 curtametraxes preseleccionadas para os premios Goya. Entre eles destaca Birdboy, de Alberto Vázquez e Pedro Rivero, na categoría de animación. Tamén figura entre os candidatos, no apartado documental, Sea bites(Percebeiros), de David Berlain Amatriain. A sede da Academia proxectará en tres sesión (luns 5 para ficción, mércores 7 cos traballos animación e venres 9 os de documental) os traballos preseleccionados. Serán despois os académicos os que decidan, coas súas votacións, cales deles son os vencedores.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Goya, Animación, Documental, Alberto Vázquez...

Claves

Protagonistas
Entidades