Xacio Baño e Alberto Vázquez optan aos Goya de curtametraxes

Compiten nas categorías de documental e de animación, respectivamente

6/11/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Dous traballos galegos están entre os trinta e cinco que optan a se facer cun Goya nas categorías de longametraxes. Ser e voltar, de Xacio Baño, foi seleccionado pola directiva da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como un dos dez candidatos para ser premiado no apartado de documentais. Pola súa banda, Sangre de unicornio de Alberto Vázquez, opta a un galardón como mellor curta de animación. Comeza agora o proceso de votación dos membros da Academia para seleccionar os finalistas e, entre estes, os premiados que se coñecerán na gala do vindeiro 8 de febreiro.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberto Vázquez, Xacio Baño, Animación, Documental...