Increméntanse os candidatos aos Mestre Mateo

Un total de 176 producións aspiran aos premios da Academia do Audiovisual

13/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer onte a listaxe de candidatos aos Premios Mestre Mateo. Nesta ocasión medra a participación, que chega a 176 obras obras aspirantes, nas cales hai 5 longametraxes, 25 documentais, 10 series de televisión, 9 series web, 32 programas de televisión, 31 curtametraxes de imaxe real, 8 curtas de animación, 20 anuncios publicitarios e 36 videoclips. En total, traballos de 171 produtoras e unha listaxe de 498 profesionais teñen opcións para se facer co premio dalgunha das 25 categorías. Comeza agora o proceso de votación por parte dos membros da Academia, que seleccionarán 4 finalistas por categoría e que se darán a coñecer o vindeiro mes de febreiro

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Animación, Premios Mestre Mateo, Academia Galega do Audiovisual