Comeza carreira polos Mestre Mateo e os María Casares

Os galardóns do audiovisual e das artes escénicas publican os seus candidatos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer este luns a listaxe dos proxectos inscritos para competir na vindeira edición dos premios Mestre Mateo. En total son 111 obras as que compiten inicialmente nas 25 categorías dos galardóns. Destas producións, 11 son longametraxes, 17 documentais, 5 series, 7 series web, 20 programas de televisión, 18 curtas, 16 anuncios publicitarios e 17 videoclips. Desta listaxe seleccionaranse catro finalistas para cada categoría que se darán a coñecer o vindeiro mes de marzo.

Pola súa banda, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia publicou no seu web os aspirantes a recibir un premio María Casares. Neste caso son 43 espectáculos e máis de 370 profesionais os que aspiran a un nomeamento nas catorce categorías destes galardóns.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Casares, Artes Escénicas, Documentais, Academia Galega do Audiovisual...