A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer este 10 de xaneiro a listaxe de propostas que se presentaron á vixésima segunda edición dos Premios Mestre Mateo. Segundo os datos da entidade, a participación nestes galardóns reduciuse levemente respecto a 2023. Unha cifra de 173 producións e de 493 profesionais fronte ás 194 e 489 da anterior edición marcan ese leve descenso. Tamén se reduciu a porcentaxe de obras con versión orixinal en galego, que pasa do 67% ao 65,3% das presentadas.
Fronte a estas cifras, a Academia destaca a marca no número de proxectos inscritos nas categorÃas de longametraxe, programa e curtametraxe. Un total de 11 producións, a incluÃr unha de animación, no primeiro destes apartados fronte ás 9 do pasado ano, 40 programas fronte a 33, e 45 curtas, 15 máis que en 2023 amosan ese crecemento. Pola contra, redúcese a participación nas categorÃas de videoclips, que pasan de 43 a 29, e mais na de documentais, que baixan a súa presenza en 12 proxectos e fican con 21 aspirantes.
No ámbito profesional, esta edición suma 493 inscricións das que 284 (un 57,6%) son homes e 209 (un 42,3%) son mulleres. A competición pola mellor montaxe, con 65 aspirantes, e polo mellor guión, con 63, son as que contan con maior participación.
A seguir a análise por sexos, a Academia salienta que "a diferenza entre profesionais femininas e masculinos resulta pouco relevante en categorÃas como interpretación, (59 actrices candidatas e 60 actores); mellor comunicador (21) ou comunicadora (23) e mellor dirección de produción (16 homes e 18 mulleres)".
Fronte a estas, "existen diferencias notorias na presencia de profesionais femininas nalgunhas categorÃas técnicas como son dirección de fotografÃa (9,5% mulleres fronte a 90,5% homes); realización (10 % realizadoras fronte a 90 % realizadores); son (19,2 % mulleres fronte a 90,8 % homes) e dirección, na que só hai 7 directoras candidatas (24,1%), fronte a 22 directores (75,8%)".
No estremo contrario, na candidatura a mellor maquillaxe e perrucarÃa, só se rexistra un 4,5% de candidaturas masculinas, fronte a un 95,5 % das femininas. Non hai ningún home que aspire ao galardón ao mellor vestiario nin mulleres que opten ao de mellor música orixinal.
Logo da presentación de candidaturas, a Academia abre un primeiro prazo de votación entre membros da institución ata o vindeiro 31 de xaneiro ás 12 horas. Despois do anuncio de finalistas realizarase unha segunda votación para seleccionar as propostas gañadoras.