O Museo Estrella Galicia da Coruña acollÃa este 5 de marzo a festa de presentación dos proxectos finalistas aos XXII Premios Mestre Mateo. A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer no marco deste encontro as producións que recibirán os Premios Especiais desta xeira. Os filmes ¡Salta! e O corno e mais as series Bechos e Rapa foron as producións que obtiveron estes recoñecementos, patrocinados por diferentes entidades.
A longametraxe O Corno obtivo o Premio Galicia Calidade á promoción exterior "por amosar o noso talento en festivais de todo o mundo e converter á súa directora na primeira española en gañar a Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián cun filme rodado en Galicia e en galego".
Pola súa banda, o filme Salta! foi recoñecido co Premio Cafés Candelas á produción máis inspiradora "por ser unha exitosa historia dirixida a público familiar, que demostra que en Galicia se poden producir filmes de ciencia ficción que ofrecen unha perspectiva única dentro do xénero, fomentan o interese pola ciencia e a investigación e estimulan a imaxinación de espectadoras e espectadores".
O Premio ABANCA ao impulso da sustentabilidade foi para Rapa "por ser unha serie pioneira en España ao acadar o certificado ISO 14067:2018 que ratifica a estratexia de redución do impacto ambiental en todo o ciclo da produción". Segundo explica a Academia Galega do Audiovisual a produtora implementou desde a segunda temporada un plan para reducir o impacto ambiental da produción, con control das emisións de CO2, o consumo de enerxÃa e a xeración de residuos.
O Premio Deleite á promoción da lingua levouno a serie Bechos. Segundo sinala o fallo do galardón, este responda á "necesidade de que existan produtos audiovisuais de calidade e en lingua galega dirixidas a público infantil, axudando a que se familiaricen co idioma desde idades temperás, facilitando o proceso de aprendizaxe e promovendo o seu uso cotián".
As catro producións contan con candidaturas nesta edición dos premios, cuxos gañadores daranse a coñecer nunha gala o vindeiro 23 de marzo.