Matalobos encabeza os finalistas aos Premios Mestre Mateo

Acumula quince candidaturas, seguida de Doentes, con trece

6/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer esta mañá o candidatos aos Premios Mestre Mateo que recoñecen as mellores producións galegas de 2011. A serie Matalobos, con 15 nominacións, encabeza a listaxe, seguida pola longametraxe Doentes, que suma trece. A longametraxe de animación Engurras opta a oito, seguinda de Tralas luces, con 6, empatada co filme para televisión Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego. En total, concorreron aos premios un total de 132 obras, 85 produtoras e 385 profesionais, o que para a Academia verifica que "o talento en Galicia non está en crise", segundo afirmou Emma Lustres, da xunta directiva desta entidade.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Mestre Mateo, Animación, Academia Galega do Audiovisual, Barreiros