A esmorga concentra 16 candidaturas aos Premios Mestre Mateo

Os fenómenos e Serramoura séguena en número de opcións aos premios do audiovisual

11/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Imaxe de presentación das candidaturas aos Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer onte a listaxe de candidaturas aos XIII Premios Mestre Mateo. Na listaxe destaca de xeito particular unha produción, A esmorga. O filme de Ignacio Vilar acumula nada menos que 16 nominacións dun total de 25 categorías, entre elas as de mellor filme, mellor dirección, mellor guión, e interpretación masculina. A este proxecto ségueo Os fenómenos, de Alfonso Zarauza, que tamén opta a mellor filme, dirección ou guión, entre outros. Compite con elas nos apartados de dirección, guión ou dirección de fotografía a serie Serramoura. Schimbare, candidata a oito categorías é a seguinte produción con máis opcións.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Como curiosidade, no apartado de mellor interpretación masculina enfróntanse os tres protagonistas de A esmorga, Antonio Durán Morris, Karra Elejalde e Miguel de Lira con Luís Tosar polo seu traballo en El Niño. O auditorio Palexco da Coruña acollerá o vindeiro 11 de abril a gala de entrega dos galardóns.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Esmorga, Premios Mestre Mateo, Serramoura...