A Academia do Cine festexa o día da animación con Engurras

A cita representará a España na Mostra de Miami que se celebra en novembro

26/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Este domingo é o Día Internacional da Animación, unha cita que a Academia Española de Cinematografía e Artes Audiovisuais celebrará cunha produción galega: Engurras. A sede da Academia acollerá unha proxección (19:00 horas) e posterior coloquio co director Ignacio Ferreras, o coguionista Ángel de la Cruz e o productor, Manuel Cristóbal. O filme, que opta aos premios do Cine Europeo no apartado de mellor cinta animada, será tamén un dos filmes que represente a España na Mostra de Miami (do 8 ao 12 de novembro). Os recoñecementos non paran de chegarlle a esta producion que, para o xornal The Guardian, está entre os cinco mellores filmes de 2011.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Animación, Manuel Cristóbal

Claves

Protagonistas
Conceptos