O que arde é un dos tres filmes preseleccionados para representar España nos Oscar

O vindeiro tres de novembro darase a coñecer o título que concorrerá aos galardóns de Hollywood

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O que arde é un dos tres filmes preseleccionados para representar España nos Oscar

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España daba a coñecer na mañá deste 6 de outubro os tres filmes que preseleccionou para representar o Estado nos Oscar. O que arde, dirixida polo galego Óliver Laxe é unha das seleccionadas para concorrer ao premio ao Mellor Filme Internacional na 93 edición dos celebérrimos galardóns de Hollywood. A produción compite con La trinchera infinita de Aitor Arregi, Jon Garaño, Jose Mari Goenaga e El hoyo de Galder Gaztelu-Urrutia. O vindeiro tres de novembro darase a coñecer cal das tres películas representa finalmente a España nos premios da Academia americana. Despois será este organismo o que selecciona as 5 propostas de todo o mundo entre as que se disputará o recoñecemento.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Hollywood

Claves

Lugares