'Sirât' preseleccionada para os premios Oscar

A Academia tamén inclúe entre os candidatos a 'Romeria', rodada en Vigo

A Academia tamén inclúe entre os candidatos a 'Romeria', rodada en Vigo
Imaxe da rodaxe de 'Sirat' © Quim Vives
Os intérpretes Emma Suárez e Juan Diego Botto foron os escollidos pola Academia de Artes y Ciencias Cinematográficas de España para dar a coñecer hoxe os tres títulos da produción estatal preseleccionados para representar ao país como Película Internacional nos vindeiros Premios Oscar estadounidenses. O cuarto filme de Oliver Laxe 'Sirât' é unha destas longametraxes candidatas, que agora terá que pasar por unha nova votación dos académicos para saber se finalmente será a elixida. O vindeiro 17 de setembro darase a coñecer o resultado e a película seleccionada. Nesta terna está tamén 'Romería' de Carla Simón, filme rodado en Vigo e que conta a historia dos pais da realizadora de orixes galegas, que terá a súa estrea en salas esta fin de semana. Completa o trío de candidaturas 'Sorda', de Eva Libertad. 'Sirât' ten como aval o Premio do Xurado do Festival Internacional de Cannes e na súa produción participa a produtora El Deseo, dos irmáns Almodovar.