Cineuropa presentará este ano unha edición máis reducida

Traballos de Sandra Sánchez e María Ruído poderanse ver no marco do ciclo Creadoras Galegas da Imaxe

Seguirá fiel á súa esencia de cinema independente e ás fórmulas de programación habituais (en diferentes salas da cidade con programación complementaria) pero máis reducida. A vixésimo sexta edición de Cineuropa desenvolverase en Santiago do 8 ao 30 de novembro. Da programación complementaria, sábese do concerto que a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Nacho de Paz, ofrecerá o xoves 22 de novembro que lle poñerá música ao clásico do experionismo alemán, Nosferatu. En canto as proxeccións, Cineuropa volverá acoller este na programación o II ciclo de proxeccións, agrupadas co título “A construción do relato ideado” no que se proxectarán Tralas luces, de Sandra Sánchez, Electroclass de María Ruído e Apuntamentos para un cine. A cicatriz blanca de Sivia Roca mais Ramiro Ledo.

Ligazóns