O ciclo Creadoras Galegas de Imaxe chega ao CGAI

Proxectaranse seis filmes do programa do Consello da Cultura os 2, 8 e 9 de marzo

4/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Centro Galego de Artes da Imaxe iniciaba o pasado sábado as proxeccións do ciclo Creadoras Galegas de Imaxe. O programa desenvolvido polo Consello da Cultura Galega achega un total de seis filmes ao centro coruñés, e as proxeccións continuarán os vindeiros 8 e 9 de marzo. As películas previstas son Nós, operarias de Sogental, Apuntamentos para un filme. A cicatriz branca, Aadat e APASH os de fóra que fixeron parte da II edición deste ciclo dedicado á creación cinematográfica feminina no país.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe, Consello da Cultura Galega