Antón Reixa, un referente da videocreación galega dos oitenta exerce de coordinador no ciclo Mirada País que onte se inaugurou na sede do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia. Conxuntamente co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) as dúas institucións comparten un programa de proxeccións, conversas e instalacións arredor da videocreación galega, que arranca no CGAI neste novembro para pasar en decembro á sede do CGAC en Santiago. Co proxecto Mirada país a Consellería de Cultura e Turismo busca poñer en valor a potencialidade da creación audiovisual galega, fóra dos xéneros e canles de exhibición máis convencionais. O ciclo ofrece proxeccións que van desde as primeiras pezas dos oitenta ata hoxe en día en debates sobre a conformación da identidedie audiovisual propia galega.
Alberto Carton é o comisario deste ciclo inaugural no CGAI que ofrecerá de catro sesións de proxeccións e debates con algúns dos videocreadores programados, que terán lugar na sede coruñesa da filmoteca en novembro (os días 13, 24 e 27) e no Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago durante o mes de decembro (días 4, 13, 19 e 20). Ademais, no espazo compostelán a iniciativa complementarase con catro instalacións de Carme Nogueira, Pamen Pereira, Manuel Eirís e Rubén Ramos Balsa. Estes son catro dos artistas incluídos nesta escolma, xunto a Xavier Villaverde, Ignacio Pardo, Eloy Lozano, Antonio Segade, Teo Manuel Abad, Carlos Nieto, Juan Lesta, Belén Montero, Vicente Blanco, Patricia Dopico, Xoán Anleo, María Ruido, Simón Pacheco, Diego Santomé, Rita Rodríguez, Rubén Grilo, Álvaro Negro, Félix Fernández, Lois Patiño, Paco Rocha, Miguel Mariño, Federico Strate, Uqui Permuy, Roge Fdez, Xisela Franco, Carla Andrade e Mar Caldas.
Todas as actividades de Mirada país / Videocreación son de acceso libre ata completar a capacidade.