A ciencia protagoniza un ciclo de cinema na Coruña

Proxectaranse trece filmes na sección oficial

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencia presenta esta tarde no FNAC da Coruña a I Mostra de Ciencia e Cinema, que transcorrerá entre o 22 e o 25 deste mes. Este novo encontro conta con 13 filmes desta temática que competirán por un primeiro premio de 6.000 euros e un segundo de 3.000. Ademais, celebrarase un ciclo de clásicos de ciencia ficción no FNAC e proxeccións sobre cine e ciencia no Centro Galego de Artes da Imaxe. Documentais galegos, un obradoiro de guión para documentais científicos, teatros, coloquios, exposicións e sesións de astronomía urbana completan o programa.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Cine, A Coruña, Documentais...