A programacion de outubro do CGAI achegará películas sobre A Coruña

Ademais haberá espazo para os filmes infantís e o cine francés

29/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Cien infantil, continuación co ciclo de películas francesas, varias sesións de curtametraxes, unha homenaxe a Terence Davies e un programa especial destinado aos filmes vencellados coa cidade herculina. Estas son as claves da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) para o vindeiro mes de outubro. Ademais, en colaboración coa Asociación de Amigos de Casa das Ciencias haberá unha nova edición do ciclo Cine e ciencia (23, 29 e 30 de outubro).

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Cine, Ciencia, A Coruña...