O CGAI comeza a programación do ano cun ciclo sobre Woody Allen

Ciclos que comezan

8/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Comeza o ano. E con el diferentes ciclos de cine. Dunha banda, o Centro Galego de Artes da Imaxe e a Fundación Barrié presentan catro filmes de Woody Allen (ata o xoves 10, na sede do CGAI ás 20:30 horas) como complemento á actuación musical que o director ofreceu na cidade herculina a semana pasada. Ademais, o Concello de Santiago volve programar o ciclo “Cinema e dereitos humanos.” Camiño a Guantánamo de Michael Winterbottom e Mat Whitecross, Bloody Sunday, de Paul Greengrass, El Polaquito, de Juan Carlos Desanzo son algúns dos títulos que se poderán ver neste ciclo que se desenvolve ata o venres no Teatro Principal (sesións 20:15 e 22:15).

Máis información no web do CGAI e no de Compostelacultura.org

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Cine, Teatro, Fundación Barrié...