As curtametraxes galegas centran a programación do mes de febreiro do CGAI

O mes máis curto

2/2/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
17 lecturas | Compartido 0 veces
O Centro Galego de Artes da Imaxe dedica boa parte da súa programación deste mes de febreiro ás curtametraxes galegas. Por iso, durante este mes ofrecerá “Fóra de serie” unha sección que inclúe a proxeción gratuíta dunha curtametraxe cada semana. A primeira terá lugar o vindeiro mércores día 9 (ás 20:30 horas) con “A boa caligrafía” de Alex Sampayo. Ademais, o CGAI tamén acollerá un coloquio sobre a situación da curtametraxe e que forma parte da programación do ciclo “Curt ficcións” que organiza a empresa Yelmo Cineplex. Un festival que se celebra este mes na cidade herculina e que inclúe 21 producións estatais entre as que se proxectará “Minotauromaquia”, a curtametraxe de Juan Pablo Etxeberry.

Máis información sobre “Fóra de serie” no web do CGAI e sobre Curt Ficcións” no seu web. Consulta as fichas de A boa caligrafía e Minotauromaquia

Universo culturagalega.gal

08/02/2005

O Centro Galego de Artes da Imaxe inicia “Fóra de serie” un programa no que achega curtametraxes galegas. A primeira: “A boa caligrafía” de Alex Sampayo
Mércores, 9. Na sede do CGAI, Duran Loriga, 10 baixo. A Coruña. Ás 20:30 horas.

A caligrafía no CGAI

Contextos