O CGAI programa un ciclo en homenaxe ó realizador José María Nunes

Cine luso-catalán

12/6/2001 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
5 lecturas | Compartido 0 veces
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) iniciou hoxe o ciclo no que, durante toda a semana, se proxectarán para o venres os filmes do realizador catalán de orixe portuguesa José María Nunes. As proxeccións realizaranse na sede do CGAI na Coruña.
Homenaxe



O ciclo enmárcase dentra da serie de homenaxes que o CGAI está a tributar ós cineastas galarodados coa medalla da Asociación Española de Historiadores de Cine(AEHC). Ademais das proxeccións de películas para o venres está prevista unha mesa redonda na que participarán José María Nunes, Julio Pérez Perucha (presidente da AEHC) e José Luis Castro de Paz, José María Folgar e Xosé Nogueira, membros da asociación.


Películas


O ciclo comeza ás oito e media desta tarde coa proxección da versión íntegra de "Mañana", producción realizada en 1957 que iniciou a carreira de Nunes. Para mañá está prevista a proxección de "Biotaxia", película de 1967 ligada á Escola de Barcelona. Os outros dos filmes que se inclúen no ciclo son "Sexperiencias" e "En secreto, amor", que pecha o programa o venres.


José María Nunes


Nunes, , nacido en Cataluña aínda que de orixe portugués, está considerado coma un dos directores malditos do cine español, vencellado estreitamente á Escola de Barcelona. As súas películas adoitan ter un carácter heterodoxo e provocadore que as levou a ser pouco coñecidas polo grande público.

Universo culturagalega.gal

22/02/2005

O Centro Galego de Artes da Imaxe presenta “Panta rei” de Simón Casal dentro do programa “Fóra de serie” co que achega curtametraxes galegas.
Mércores 23. Na sede do CGAI, Duran Loriga, 10 baixo. A Coruña. Ás 20:30 horas.

CGAI en curta

28/02/2005

O Centro Galego de Artes da Imaxe remata “Fóra de serie” un programa no que achega curtametraxes galegas con “Chamábanlle Feans” de Omar Rabuñal.
Luns 28 na sede do CGAI, Duran Loriga, 10 baixo. A Coruña. Ás 20:30 horas.

CGAI con curta

08/02/2005

O Centro Galego de Artes da Imaxe inicia “Fóra de serie” un programa no que achega curtametraxes galegas. A primeira: “A boa caligrafía” de Alex Sampayo
Mércores, 9. Na sede do CGAI, Duran Loriga, 10 baixo. A Coruña. Ás 20:30 horas.

A caligrafía no CGAI