Proxecións, conferencias ou actuaciones musicais conforman o programa de “Ciencia e cinema”, unha actividade organizada polo Concello da Coruña para achegar a ciencia á cidadanía desde outro punto de vista. O programa da sección oficial está conformada por unha vintena de documentais científicos de carácter divulgativo que se desenvolverán en diferenets escenarios da cidade: desde a Domus, a Fundación Caixa Galicia, a Seoane, o CGAI ata o Teatro Rosalía de Castro.

