LuÃs Tosar. Fonte: Fotogramas
Tralas luces de Sandra Sánchez,
O apóstolo de fernando Cortizo ou a coprodución galega
Lobos de arga, xunto coas curtametraxes de Xacio Baños
Anacos e
EstereoscopÃa figuran na programación central do Festival de Cine Español de Londres (28 setembro-10 de outubro). Non son os únicos tÃtulos xa que no marco da programación destinada a exhibir unha escolma do audiovisual catalán (hai outra do audiovisual vasco) está
O sexo dos anxos, de Xabier Villaverde, coproducida entre Continental Producciones , CCFBR e Dream Team Concept, que se exhibirá en catalán e español con subtÃtulos en inglés. Pero o protagonista indiscutible do audiovisual galego nesta cita é Luis Tosar que protagoniza un ciclo monográfico. No marco deste programa proxectaranse sete tÃtulos dos actor lucense. O propio Tosar estará en Londres para falar da súa traxectoria profesional, antes da proxección de
Mentras durmes, o seu último filme.