O teatro galego comparte protagonismo nas programacións de Santiago e Vigo

Santiago recupera os seus ciclos habituais como o de Lied e repite coa danza

4/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Diferentes entidades presentan estes días a súa programación cultural para os vindeiros meses. Onte fíxoo o concello de Santiago que segue fiel ao seu estilo programando teatro galego, o ciclo de Lied mais o regreso do programa de baile SCQ Danza. Ademais, coincide co inicio da temporada da Real Filharmonía de Galicia que ofrecerá un concerto na Catedral o vindeiro día 26. Pola súa parte, o Teatro Principal de Ourense acollerá 23 espectáculos nos que se pon o énfase no teatro galego e no ballet clásico. Ademais, os programadores presentaron un ciclo de música de cámara todos os xoves co que pretenden combater a idea de que a música é só para as elites.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Vigo, Catedral...