Cúmprense vinte anos de celebración anual do Ciclo de Lied, que todos os setembros organiza o concello de Santiago coa dirección da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela. Para conmemorar a data, o ciclo este ano fai un percorrido polo xénero desde as súas orixes, con pezas compostas por Schubert ou Beethoven e a particiapción de "estrelas do mundo da ópera", como as definiu Jesús Couceiro, presidente de Amigos da Ópera, como Luca Pisaroni ou MarÃa José Montiel. Desta volta, o ciclo plásmase en tres recitais que se celebrarán no Teatro Principal de Santiago os dÃas 18, 23 e 25 de setembro. As entradas pódense adquirir a través de compostelacultura.gal ou na billeteira do Teatro Principal.