O vindeiro 12 de setembro bota a andar a nova xeira da Temporada LÃrica da Coruña. A Asociación de Amigos da Ópera presentaba este 28 de xuño o programa que celebrará unha trintena de actividades ata o dÃa 15 de decembro. Representacións da ópera Aida de Verdi e mais de Romeo de Juliette de Charles Gounod preséntanse como pratos fortes do ciclo.
Un concerto do barÃtono LuÃs Cansino no marco do ciclo "Os nosos intérpretes" o dÃa 12 abre a temporada. Unha conferencia sobre AÃda inicia o programa o 13 de setembro mentres a ópera poderá verse os dÃas 14 e 16 dese mes con dirección de José Miguel Pérez Sierra, a Orquestra Sinfónica de Galicia e Marigona Qerkezi, Nino Surguladze e Jorge Puerta nos papeis principais. A obra de Gounod, pola súa banda, chegará a escena os dias 27 e 29 con Mario Bahg como Romeo e Sofia Esparza a interpretar a Juliette con dirección de Alain Guingal.
Para novembro está prevista a representación da ópera barroca Il ritorno d´Ulisse in patria de Monteverdi a cargo de Ensemble I Gemelli. Completa o repertorio de óperas que se poderán ver nesta temporada Oca. Escrita polo galego Juan Durán sobre textos de Gloria Rico, é esta unha proposta para público familiar e interpretada por crianzas.
Un concerto de Francesca Aspromonte o dÃa 14 de novembro e mais a Gala LÃrica de Clausura a cargo de Aida Garifullina o 15 de decembro completan o programa de actuacións. Conferencias, proxeccións e homenaxes fan tamén parte desta iniciativa.