O Consello da Xunta aprobou onte a sinatura do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Amigos de la Ópera da Coruña, a través do que a ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude contribuirá con 160.000 euros á organización da 72ª edición da temporada lÃrica da cidade herculina, 10.000 euros máis que o pasado ano. A achega económica da Xunta de Galicia a esta programación materializarase na posta en escena e nas actividades paralelas da ópera 'La Bohème', de Giacomo Puccini, que poderá verse a primeiros de setembro no Palacio da Ópera. Será un dos principais eixos da temporada lÃrica, que a organización está a preparar para 2024 e que, como en anos anteriores, ofrecerá numerosas citas musicais durante todo o outono.
Coa produción de 'La Bohème', Amigos de la Ópera renderá homenaxe ao gran compositor italiano no centenario do seu pasamento cunha das súas obras máis coñecidas, baixo a dirección musical de José Miguel Pérez-Sierra e a escénica de Danilo Coppola. Contará, ademais, cun elenco de primeiro nivel, entre o que se atopan, ademais, varios intérpretes galegos. Neste sentido, continúase afondando no papel da programación lÃrica coruñesa como plataforma para contribuÃr a unha maior proxección social do traballo de cantantes, compositores e músicos galegos no ámbito da lÃrica.