A Programación Lírica da Coruña para a vindeira temporada estará encabezada pola representación de Don Giovanni, con posta en escena do cineasta Carlos Saura, segundo confirmou hoxe na presentación á prensa o director de programación César Wonenburger da asociación Amigos de la Ópera. O realizador, que xa presentara o ano pasado na cidade herculina, dentro do ciclo 250 anos de Ópera na Coruña o seu filme Io, Don Giovanni, será agora o encargado da escenografía desta produción que se levará a cabo no Teatro Colón os días 13 e 15 de setembro deste ano. Miguel Ángel Gómez Martínez dirixirá á Orquestra Sinfónica de Galicia para esta produción que contará co barítono Juan Jesús Rodríguez, o tenor Francisco Corujo, a mezzo-soprano Ginger Costa-Jackson, as sopranos Gilda Fiume e Rocío Pérez e o baixo Simón Orfila. A Programación Lírica está organizada por Amigos de la Ópera de A Coruña, con un orzamento de 590.000 euros, dos que 150.000 veñen dun convenio asinado coa Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) para a produción de Don Giovanni.
Os debuxos feitos por Saura para a escenografía de Don Giovanni serán obxecto de exposición e a súa obra cinematográfica de temática musical centrará un ciclo dentro das actividades paralelas, mentres outro ciclo ofrecerá as súas obras máis relevantes . A Programación Lírica contará tamén coa ópera Don Carlo de Verdi, que se levará a cabo en formato de concerto tamén no Teatro Colón o 28 de setembro coa OSG e o Coro Gaos dirixidos por Kamal Khan. O barítono Carlos Álvarez e a soprano Angela Meade encabezan a parte vogal desta produción na que tamén están Ferruccio Furlanetto, Franceso Pio Galasso, Elena Zhidkova e Luiz-Ottavio Faria. Cinco recitais completan a programación e será un deles, o de Celso Alberlo, o que abrirá esta tempada o día 8 de setembro. O tenor Michael Spyres estará o 22 de setembro, seguirá o tenor Piotr Beczala o 23 de outubro; o contratenor Carlos Mena e a formación Concerto 1700 darán un recital barroco o 25 de outubro; o peche o porá a soprano Sondra Radvanovsky o 13 de novembro.