A Real Filharmonía e Ute Lemper celebrarán o 20 aniversario do Auditorio de Galicia

A programación comeza o venres 18 cun concerto de balde na Catedral

| Santiago. Redacion | Seccións: Música
Compartir:

A Catedral de Santiago acolle este venres o concerto de inauguración da programación2009-2010 da Real Filharmonía de Galicia. Música de Schubert e do galego Pérez Guitérrez compoñen o programa dun concerto que revela, ademais, as claves do que será a temporada: músicos do país xunto con valores consagrados da música clásica. A programación ten unha cita clave, o 29 de outubro, día no que se conmemora o 20 aniversario do Auditorio de Galicia cun concerto no que estará presente Ute Lemper. Concertos didácticos, os ensaios abertos e a xira polas localidades galegas (mais Oviedo e Bilbao) conforman a temporada que se estende ata xuño.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio de Galicia, Catedral, Real Filharmonía de Galicia, Oviedo...