Comeza a temporada sinfónica que, segundo a revista El Cultural destaca por non ofrecer grandes sorpresas nin grandes exceso. No seu repaso á programación anual a publicación ofrece as citas ineludibles entre as que hai catro concertos en Galicia. Comeza co concerto inaugural da Real FilharmonÃa na Catedral de Santiago o vindeiro dÃa 26 de setembro cun programa sobre Mozart. Tamén en santiago, o 16 de outubro destaca a visita do inglés David Atherton para dirixir á FilharmonÃa cun programa sobre Igor Stravinksy (Auditorio de Galicia). As outras citas son para a Sinfónica de Galicia: unha na que presentará A Walkiria de Wagner (25 de outubro), outra na que achegará obras de Grieg e Bruckner e, por último, o ciclo de Mendelssohn (16 e 23 de xaneiro).