As efemérides de Haydn, Händel ou Mendelssohn anegan as programacións das formacións galegas

A Sinfónica de Galicia homenaxeará a Andrés Gaos no 50 aniversario da súa morte

12/1/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

No 2009 cúmprense dous bicentenarios: o do nacemento de Mendelssohn e o do pasamento de Haydn, así como o 250 aniversario do pasamento de Händel. Tres celebracións que as dúas grandes formacións musicais clásicas galegas incorporan nos seus repertorios. A Real Filharmonía lembrará a Joseph Haydn con dous monográficos no mes de maio, que se suman ao cedé homenaxe a Falla que acaba de publicar. Pola súa banda, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) retomará algunhas das composicións de Mendelssohn, que compartirá protagonismo con Andrés Gaos, o compositor galego que hai 50 anos que morreu. A OSG tamén estreará as obras de dous compositores galegos: Sergio Moure e Eduardo Soutullo.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OSG, Morte, Orquestra Sinfónica de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos