A OSG dedicará o 2009 a lembrar a obra do compositor Andrés Gaos

O legado musical de Gaos inclúe una ópera inédita composta en Arxentina

22/10/2008 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

A obra do compositor e violinista coruñés Andrés Gaos (1874-1959) soará máis que nunca durante o 2009 na programación da Orquestra Sinfónica de Galicia. Pola efeméride do cincuentenario do falecemento do compositor o ano que ven será o “ano Gaos” e a OSG programará obras sinfónicas, camerísticas e mesmo una ópera inédita, Amor vedado, composta na etapa arxentina do músico en 1915. O director da OSG, Víctor Pablo Pérez, fixo este anuncio ao confirmar a renovación do seu contrato para seguir ao fronte da orquestra durante outros tres anos. As sopranos Laura Alonso e Teresa Novoa actuarán na versión de concerto da ópera A Valquiria, de Richard Wagner, coa que o sábado 25 de outubro, ás 19 horas, dará comezo a nova tempada de abono.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OSG, Ópera, Arxentina, Víctor Pablo Pérez...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares