A Sinfónica comeza o ano Gaos cunha ópera inédita

A formación gravará toda a obra sinfónica e camerística do compositor galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Amor vedado, a única ópera do compositor galego Andrés Gaos, chegará por vez primeira aos escenarios cando se fan 50 anos do falecemento do seu creador. A Orquestra Sinfónica de Galicia presentaba onte o espectáculo, que se desenvolverá mañá, día oito, no Palacio de Ópera da Coruña a partir das oito e media da tarde. A formación continuará ao longo da temporada con propostas arredor deste creador, e prevé gravar toda a súa obra sinfónica e camerística. Pola súa banda, a Universidade da Coruña centrará en Gaos diferentes actividades no marco das II Xornadas de Divulgación do Patrimonio Musical Galego, que comezan o vindeiro día 13 cunha mesa redonda.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Orquestra Sinfónica de Galicia, Espectáculo, Universidade da Coruña...